11 de abril, santiago de compostela: j.r. leva a sustentabilidade a ‘o(s) sentido(s) da(s) cultura(s)’

Hacia una cultura de la sustentabilidad (valores, cambio cultural y ecosocialismo en el Siglo de la Gran Prueba) é o título da intervención de fará Jorge Riechmann o vindeiro 11 de abril ás 17 horas no Consello da Cultura Galega, en Compostela. Riechmann, ensaísta e profesor de Filosofía moral da Universidad Autónoma de Madrid, participa no ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) a analizar os problemas da sustentabilidade, a necesidade de mudar o xeito de vida e de reformas estruturais ou o marketing verde, entre outras cuestións. Como é habitual no ciclo, a intervención de Riechmann irá seguida dun debate cos asistentes.